Viernes 27.11.2009
Hemeroteca web
|
RSS
Efectivos de Salvamento Marítimo buscan desde primeira hora desta mañá un mariñeiro desaparecido tras envorcar a embarcación na que navegaba na ría de Muros e Noia (A Coruña)
Segundo explicou a central de Salvamento Marítimo, o suceso ocorreu na tarde de onte, cando foi localizada a embarcación 'Salvador' envorcada na ría e sen o seu propietario dentro.
Desde entón activouse un dispositivo de procura que trata de localizar o home nas proximidades da Illa de Creba e que se renovou esta mañá. Hoxe os efectivos atoparon "algúns obxectos" que poderían ser do mariñeiro, entre os que se atopaba un cubo.
Nestes momentos realizan a procura o helicóptero Helimer Galicia, a Salvamar Sargadelos, o equipo de mergulladores da Garda Civil e efectivos do Grumir da localidade.