El Correo Gallego

Noticia 63 de 83 noticia anterior de Descubra el fin de la tierra Área de Compostela » Descubra el fin de la tierra

Baio rememorará mañá a tradicional comida da fía do liño

Artesás de Amigos do Liño traballando a nobre fibre.  - FOTO: J. Toba
Artesás de Amigos do Liño traballando a nobre fibre. - FOTO: J. Toba

JESÚS TRILLO  | 19.04.2013 
A- A+

Recuperar unha tradición que se perdera hai uns setenta anos. Ese foi o principal motivo que impulsou a Asociación de Amigos do Liño a poñer en marcha a Exaltación da Fía do Liño, que non é outra máis que o albaroque que se lle daba en pago ás mulleres que ao longo do ano participaban nos distintos procesos de transformación desta nobre fibra: sementado, arrincado, lagado, mazado, tascado, rastrelado, espadelado e fiado. A celebración ve mañá a décimo novena edición.

No polideportivo de Baio, en terras de Zas, daranse cita unhas 420 persoas -non hai aforo para máis-, que participarán nas distintas actividades. A xornada dará comezo arredor da unha e media tarde, cunha demostración de todo o proceso do liño, desde a semente ata conquerir unha tea. Os asistentes poderán contemplar, entre outras curiosidades, unha nena de oito anos tecendo.

O xantar será o tradicional, aínda que a novidade deste ano constituiraa a degustación inicial de productos de Conservas Boya. De seguido, migas de pan con guisantes, patacas con bacalao e, de postre, papas de arroz.

Tralos cafés con augardente, virá o desfile de moda, toda feita en liño, no que haberá 27 mulleres en pasarela, desde os seis aos setenta anos. As creacións artesanias serán este ano en 17 cores, destacando o liño teñido en vermello, azul, laranxa, amarelo e rosa. Haberá tamén noiva en cinco tonalidades. Para rematar a xornada, unha actuación musical, que virá de Portonovo.

 

SEN AXUDAS

. Por falta de axudas, este ano farán todo o traballo persoas voluntarias, incluidas as modelos. Neste senso, a presidenta de Amigos do Liño, Carmen Riveiro lamentou que, "por primeira vez, despois de 19 anos, non recibamos nin un só euro de subvención da Deputación da Coruña". Sí subvenciona a Xunta (Centro de Deseño e Artesanía de Galicia) o desfile de moda con 1.400 euros.

Por elo, Carmen Riveiro quere agradecer "o apoio recibido de varias empresas e, como non, o traballo de todo o voluntariado".

AGENDA FIN DE SEMANA

CARBALLO. Os que o desexen poden contemplar no Pazo da Cultura da capital de Bergantiñosa Mostra XV Certame Xosé Manuel Eirís e a exposición Vivir do Mar.

CEE. O salón de actos do concello acolle mañá pla mañá o ciclo Espello Deportivo.

DUMBRÍA. Unha visita obrigada para todos os visitantes da Costa da Morte é o contemplar o espectáculo natural que proporciona a cascada do Ézaro.

MAZARICOS. Este concello ofrece grandes opciones para disfrutar del senderismo.

MUXÍA. Hoxe, ás 11 horas, o salón d voluntariado acollerá o acto do ciclo Espello Deportivo, no que participará a olímpica Sofía Toro.

VIMIANZO. Hoxe, ás oito e media da tarde, Carmen Vázquez presenta o seu libro “La mujer del siglo XIX hasta hoy”.

jtrillo@elcorreogallego.es