El Correo Gallego

Noticia 11 de 83 noticia anterior de Descubra el fin de la tierra Área de Compostela » Descubra el fin de la tierra

DESCUBRE EL FIN DEL MUNDO

Carballo leva a un libro os proxectos de arte urbana

‘Derrubando muros con pintura’ recolle os murais que reinterpretan a realidade da vila

Un momento do acto de presentación do libro en Carballo.  - FOTO: C. C.
Un momento do acto de presentación do libro en Carballo. - FOTO: C. C.

JOSÉ M. RAMOS  | 23.12.2016 
A- A+

Baixo o título Carballo: derrubando muros con pintura, Xan Carballa e o fotógrafo e ilustrador Xulio gil, Premio da Crítica Galicia en Artes Plásticas e Visuais en 2013, recolleron nun libro, prologado polo escritor Xurxo Chapela e editado por Engaiolarte, os distintos proxectos de arte urbana desenvolvidos na capital de Bergantiños.
A publicación, presentada nun acto presidido polo alcalde carballés, Evencio Ferrero, inclúe as obras de todos os artistas locais que veñen participando cada ano no proxecto Derrubando muros con pintura, e tamén as dos dez pintores e grafiteiros convidados ás dúas edicións celebradas do Rexenera Fest, comentadas por destacados autores e xornalistas carballeses. Henrique Mariño, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, Rosalía Fernández Rial, Ignacio Silva, Santi Pazos, Santi Garrido, Patricia Blanco, Farruco Graña e Belén Puñal aportaron as súas suxestivas impresións sobre os traballos de Bordalo II, Pixel Pancho, Nómada, Aryz, Dulk, Case Maclaim, Hyuro, No3I, Natalia Rak e Isaac Mahow.
O libro pretende ser unha guía turística imprescindible que leva a Carballo e aos murais das súas rúas ás librarías de toda Galicia. Inclúe tamén outras manifestacións, como a literatura presente no libro ou os documentais e a música de Fran Rodríguez e de Nani Mouro.
Hai que lembrar que Derrubando muros con pintura naceu no ano 2014 cando se substituíu unha lona ubicada a carón da glorieta do barrio da Milagrosa por un mural da italiana Roberta Venanzi e da manchega Paula Fraile. O proxecto foi medrando ata converter a Carballo nun museo a ceo aberto contra o feísmo.
Hoxe son xa preto de medio cento as obras artísticas que transformaron espazos degradados e muros da capital de Bergantiños. A iniciativa acadou en pouco tempo un gran recoñecemento, a nivel nacional e internacional, e moitos artistas de todo o mundo cursan cada ano solicitudes para participar no Rexenera Fest e poder pintar nos valados e paredes de Carballo.
O Concello mesmo elaborou un plano-guía para facilitar o percorrido artístico pola vila. Os que non o poidan facer a pé de rúa, agora teñen a oportunidade de facelo con este novo libro.

ACTIVIDADES

A Laracha El aula lúdica amplía su horario. Del 22 de diciembre al 5 de enero abrirá de 9.00 a 14.00 y de 16.30 a 20.30 horas. Todos los días habrá actividades navideñas.

Carballo El Casino acoge hoy, a partir de las 20.30 horas, la pesentación del libro ‘Mar de invernia’ de Héctor Pose. El acto será presentado por Xurxo Souto y coordinado por Manuel Pan.
Cee El lunes comienza la Semana do Teatro Infantil con la presentación de ‘Os soños na gaiola’ a cargo de Títeres Alakrán. La cita es a las 18.00 horas en la casa de cultura.
Malpica Los participantes en los obradoiros colocarán hoy los adornos en el árbol de Navidad del aula lúdica, de 11.00 a 12.30 horas.
Mazaricos La casa de cultura acoge hoy el ‘Nadal de vila en vila’ para niños y niñas a partir de 4 años, a las 17.00 horas.
Vimianzo O Apalpador visita hoy la casa de cultura a las 17.00 horas. A las 21.00 horas habrá juegos de clown y teatro para los adultos.