El Correo Gallego

Noticia 15 de 83 noticia anterior de Descubra el fin de la tierra Área de Compostela » Descubra el fin de la tierra

A Costa da Morte consolídase como xeodestino turístico

A Asociación de Profesionais do Turismo sumou á CMAT a práctica totalidade dos concellos

Directivos da Asociación de Profesionais do Turismo Aptcm. - FOTO: APTCM
Directivos da Asociación de Profesionais do Turismo Aptcm. - FOTO: APTCM

J. M. R.  | 16.12.2016 
A- A+

A Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) que, dende finais de 2014 preside Pablo Canosa, vén traballando forte todo este tempo para consolidar o xeodestino turístico de Costa da Morte. Xa conqueriu que a práctica totalidade dos 17 concellos incluidos no mesmo se sumasen ao novo ente creado para a súa xestión: Costa da Morte Asociación Turística (CMAT). Para iso, explicou Canosa, “visitamos todos os alcaldes e, despois dun traballo de seis meses de reunións, tamén con Turismo de Galicia e coa Deputación da Coruña, xa firmamos con ambos os dous organismos sendos convenios para ir traballando na consolidación do xeodestino”.
Dende APTCM teñen claro que é fundamental conseguir que os alcades do xeodestino “se xuntaran para poder ter algún tipo de recoñecemento diante da Xunta e poder participar nas diferentes accións planeadas para o Turismo de Galicia”, afirmou o su presidente. Para poder ser un destino competitivo en igualdade co resto dos xeodestinos, engadiu, “tiñamos que existir, e sen o desenvolvemento do nome, a súa promoción e a venda do xeodestino como único e non como diferentes puntos turísticos dentro dunha zona, esto sería imposible”.
Ademais das xestións e convenios sinalados, a Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte tamén participou nos diferentes cursos da Escola de Turismo Itinerante; integrouse como socio no Consorcio de Turismo de Galicia; firmou un convenio con Caixabank para a mellora dos negocios de hostelería con bonificacións e produtos con vantaxes para os socios; participou na preparación da web www.visitacostadamorte, da app Costa da Morte, así como dos vídeos para os devanditos espazos.
APTCM estivo presente tamén en Fitur, no Fairway 2015 do Camiño de Santiago, en Turexpo Galicia, Mar Galaica, Xantar, Smart Camino e na World Travel Market 2016 (Londres). Asemade participou en distintos foros, ponencias e xornadas diversas, e no patrocinio de variados eventos como O Gran Fondo Ézaro 2016, ou a grabación do programa de Al filo de lo imposible, protagonizado polo surfista Axi Muniain. A asociación forma parte tamén das xuntas directivas dos GAC, GALP e GDR da Costa da Morte.

ACTIVIDADES

A Laracha Mañá celebrarase o Concurso de Panxoliñas María Angeriz Tuset. As actuacións serán ás 18.30 horas na casa de cultura.

Carballo Hoxe inaugurase no mercado municipal Mercarte, exposicións e obradoiros de creadores bergantiñáns. A cita é ás 21.00 horas.
Cee A casa de cultura acolle hoxe a III Gala Correndo pola Costa da Morte. Comezará a partir das 21.00 horas.
Malpica Mañá na Casa dos Veciños de Leilolio haberá unha festa infantil con chocolatada e visita de Papá Noel. E en Buño haberá obradoiros de adornos nas escolas vellas.
Mazaricos Mañá, ás 17.00 horas, a Escola de Música Moderna amenizará o Festival de Nadal na casa de cultura da capital municipal.
Vimianzo Xosé Constela ofrecerá hoxe o concerto ‘Virada por avante’. A actuación terá lugar no auditorio da casa de cultura, e comezará ás 21.30 horas. E o domingo, ás 18.00 horas, celebrarase a III Gala Solidaria de Nadal.