El Correo Gallego

Noticia 59 de 83 noticia anterior de Descubra el fin de la tierra Área de Compostela » Descubra el fin de la tierra

Muxía oferta coches e bicicletas, e Cee, as mellores tortillas

A feira de coches de Muxía terá como marco o paseo marítimo - FOTO: ECG
A feira de coches de Muxía terá como marco o paseo marítimo - FOTO: ECG

J. TRILLO   | 17.05.2013 
A- A+

A Costa da Morte continúa innovando e buscando fórmulas complementarias de ocio e dinamización comercial, para facer fronte aos duros momentos de crise. Un claro exemplo disto son as iniciativas que desde hoxe e ata o domingo se desenvolverán nas vilas de Muxía e Cee.

Na xornada de hoxe abrirá ao público a I Autofeira Muxía, que ofrecerá no paseo marítimo da vila unha ampla exposición de coches e bicicletas. Ás catro e media da tarde haberá paseo en bici e xogos para nenos. Mañá, que continuará a mostra, para as nove e media da mañá está prevista a I Quedada BTT Muxía Pedaleando cara Touriñán. Á chegada, exhibición de tubeless e exhibición do ximnasio Benstar.

Xa o domingo, último día da feira, ás sete da tarde, sorteo de 400 euros en rodas, así coma servizos de taller na propia exposición.

Paralelamente á exposición, organizada pola Asociación Muxía de Empresarios e Comerciantes (Asmeco), en colaboración co Concello e HLP Bikeshop, os bares e restaurantes da localidade ofrecerán tapas especiais, con suxerentes propostas como Torres de Amor, Pranto Matricial ou Palabra no Tempo.

Pola súa banda, Cee ofrece, tamén desde hoxe e ata o domingo, un dos pratos estrela da súa cociña, a tortilla. Na Feira do Pincho, organizada pola asociación de empresarios ceense, distintos locais da vila servirán variadas versións, e para todos os gustos: Da casa, mariñeira, con tentáculos, mediterránea, mar e terra, ou á portuguesa, entre moitas outras modalidades. A tapa será servida gratuitamente coa consumición. Ademáis, serán sorteados entre os participantes unha cea para dúas persoas e un carro de productos Carrefour.

Coincidindo coa Feira do Pincho de Tortilla, un grupo de tendas de Cee celebrarán tamén, mañá sábado, unha Noite Máxica, mantendo os negocios abertos ata as once da noite.

Baixo o lema Galicia vive en nós... Achégate a Cee!, as distintas tendas participantes ofrecerán descontos de ata o quince por cento e farán un sorteo de 300 euros.

AXENDA DE ACTOS

CARBALLO. Hoxe, a partires das 10.30 horas, no Mercado de Abastos, sesión de lectura As Letras en Voces

.

CEE.

A Praza da Constitución acoelelrá na xornada de hoxe, a partires das 12.30 horas, un concerto da Banda de Música de Cee.

 

MAZARICOS.

 

Hoxe, no auditorio da Casa de Cultura de A Picota, Festival das Letras Galegas, ás 17.30 horas.

 

MUXÍA.

 

Para as 12.00 horas de hoxe está prevista a ofrenda floral a López Abente. Pola tarde, ás 20 horas, concerto da Coral Pololifónica Virxe da Barca, no Salón do Voluntariado.

 

VIMIANZO.

 

O domingo, ás 18.30 horas, concerto da Escola de Música de Vimianzo, no Auditorio da Casa de Cultura.

 

ZAS.

 

Mañá, ás 19.00 horas, entrega dos premios do Concurso do Marcapáxinas.