El Correo Gallego

Noticia 2 de 83 noticia anterior de Descubra el fin de la tierra Área de Compostela » Descubra el fin de la tierra

O punto limpo da Laracha alcanzou os 1.100 usuarios

A xestión corre a cargo de Aspaber, ao igual que a recollida de voluminosos // Son servizos gratuitos

Labores de poda na Praza do Concello da Laracha.  - FOTO: C. Laracha
Labores de poda na Praza do Concello da Laracha. - FOTO: C. Laracha

J. M. R.  | 27.01.2017 
A- A+

Uns 1.100 veciños fixeron uso o pasado ano do punto limpo da Laracha para desfacerse dos residuos que polas súas características non poden ser depositados nos colectores de lixo. A elo hai que engadir máis de 400 saídas para prestar o servizo de recollida de voluminosos a domicilio. Tratase de servizos gratuítos para todos os veciños do Concello larachés, e da súa xestión encargase a concesionaria Aspaber (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños).
No referido ás cifras máis significativas, no punto limpo foron recollidas e correctamente xestionadas no ano 2016 unhas 15 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios....), e 27 toneladas de restos de obras (tellas, vidro plano, madeira, metais...).
Además, recicláronse 1.151 litros de aceites vexetais e minerais, 1.078 quilos de material téxtil, 1.225 quilos de plásticos, 600 envases con restos de sustancias tóxicas ou perigosas, 227 fluorescentes desbotados, 30 quilos de pilas e preto de setecentas unidades de voluminosos, principalmente colchóns e sofás.
Dende o Concello valoran de xeito “moi positivo” tanto a xestión dos servizos por parte de Aspaber como os datos de usuarios que reflicten os informes correspondentes ao ano 2016.
O punto limpo está situado xunto á ponte de Formigueiro, moi preto do casco urbano da capital municipal, e está aberto ao público os luns, mércores e venres pola tarde, e os sábados en horario matutino e vespertino. Pola súa banda, o servizo de recollida de voluminosos a domicilio faise os mércores, xoves e venres pola mañá, e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber por teléfono ou e-mail.

NOVO DEPÓSITO. Desde o pasado verán tamén está operativa unha nova infraestrutura vinculada ao punto limpo, consistente nun novo depósito para o almacenamento temporal de residuos de material vexetal e tamén de plásticos de silo e invernadoiros emprazado no parque empresarial da Laracha. Deste xeito facilitouse o labor de Aspaber e tamén o transporte do material por parte dos usuarios, segundo aseguran desde o Concello larachés.

ACTIVIDADES

A Laracha A Corporación municipal reunirase hoxe, a partir das 13.30 horas, nunha sesión plenaria ordinaria na que se debatirá a implantación da historia social única, entre outros asuntos.

Carballo O primeiro andar do Pazo da Cultura acolle a exposición ‘Un mar de sensacións’, que poderá visitarse ata o día 29 de xaneiro, de 17.00 a 21.00 horas.
Cee A unidade móvil da ITV para turismos estará en Cee ata o 1 de febreiro, e atenderá aos condutores de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas.
Malpica Golfiño-Escola Náutica, en colaboración con Buceo Malpica e Náutico, organizará en febreiro o primeiro curso de PNB e PER do ano.
Mazaricos O domingo, ás 17.00 horas, na casa da cultura da Picota, celebrarase o VII Festival Benéfico Adibismur, con baile, teatro e música. O donativo é de 5 euros.
Vimianzo O telecentro acolle estes días un curso de comercialización e venta electrónica dirixido a desempregados.