Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Agrafoxo recorda como Noia se fundou ao redor da igrexia de San Martiño

Trasladouse para protexer á poboación dos ataques recibidos por mar // Os árabes arrasaron a illa da Creba no ano 1115

Os cidadáns interesados na historia de Noia poden ampliar agora os seus coñecementos sobre a orixe da vila porque o historiador local Xerardo Agrafoxo realizou un traballo no que se recollen as orixes da carta fundacional da que no próximo mes de abril cúmprense 850 anos. Agrafoxo exporá a súa investigación na xornada inaugural das charlas de historia que terán lugar do 9 ao 18 de abril no coliseo Noela. Tamén se publica no último número de revista Alameda.

O historiador explica as orixes do actual asentamento da vila noiesa. "Hai 848 anos, concretamente, 2 de abril de 1168, a Mitra dispuxo que a vila emprazada dende tempos antigos nun punto da costa pertencente á parroquia de Santa Cristina, entre os lugares de A Barquiña e Barro, fose trasladada ao sitio onde se asenta na actualidade e que algunha tradición sitúa ao redor da capela de San Martiño de Sobreiral... Unha decisión debida seguramente a dúas circunstancias: a necesidade de protexer a poboación dos ataques marítimos, pois os árabes arrasaran a illa da Creba no ano 1115, e o intento de repoboar as costas dunha enseada onde se desenvolvían actividades pesqueiras".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

18 mar 2018 / 22:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito