El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Alertan sobre peticións falsas para Tatiana en Santiago

A AAVV A Pergoliña de Camelle lembra que só recollen donativos na conta bancaria

J. M. R. CAMELLE  | 13.01.2018 
A- A+

Aproveitando a iniciativa solidaria impulsada pola AAVV A Pergoliña, de Camelle (Camariñas) para apoiar a Tatiana Alves, viúva do percebeiro José Secundino Suárez, foron detectadas varias persoas pedindo donativos a pé de rúa no polígono do Tambre, de Santiago, e tamén na Laracha, no nome da causa.

A presidenta da asociación veciñal, Digna Romar, asegura que xa deron conta á Garda Civil, e pide que "non lle den nada a quen vaia pedindo en nome desta causa, pois só se recollen donativos a través da conta bancaria habilitada ao efecto (ES 13 2080 0080553040008935), dos petos que repartimos e coa venda de rifas". Lamenta "que haxa persoas que "queiran abusar da bondade da xente".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt