El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Alumnado do IES A Cachada pranta árbores en Froxán

A actividade forma parte do programa da Aula da Natureza de Lousame nese monte

LOUSAME. M.G.  | 27.12.2017 
A- A+

Case un cento de alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES A Cachada de Boiro foron os protagonistas da última actividade programada para este ano pola Aula da Natureza de Lousame no monte veciñal en man común de Froxán. A iniciativa forma parte do programa Montescola, que pretende sensibilizar aos máis novos sobre a importancia da boa xestión e a das prácticas de conservación de natureza nos montes veciñais.

Durante a visita, guiada polo enxeñeiro de montes e educadora ambiental da Aula da Natureza xunto co profesorado, os alumnos tiveron ocasión de identificar as especies autóctonas e exóticas presentes no monte de Froxán, recoñecido este ano polo Programa das Nacións Unidas de Medio Ambiente como Área Conservada por Comunidades Locais, e contribuír á recuperación ambiental dunha zona de monte ata fai pouco dominada por acacias e eucaliptos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt