El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Alumnos de Boiro fan agasallos para amigos... 'invisibles'

Os seus destinatarios sairán dunha enquisa sobre os hábitos no uso do teléfono móbil

Alumnos do IES A Cachada amosan algúns dos agasallos que eles mesmos fxeron - FOTO: A.M.
Alumnos do IES A Cachada amosan algúns dos agasallos que eles mesmos fxeron - FOTO: A.M.

SUSO SOUTO. BOIRO   | 17.12.2017 
A- A+

Os 450 alumnos do IES A Cachada de Boiro están participando na campaña Este Nadal regala tempo. Estudantes e profesores son estes días amigos invisibles e, durante todo este mes, están elaborando agasallos con materiais reciclados.

Cada grupo pasa por unha instalación que se montou na biblioteca e todos cobren unha enquisa. A instalación consta de dúas montaxes elaboradas nas aulas de Tecnoloxía e pretende facer reparar ó alumnado no malgaste de tempo nas nosas vidas. A primeira é unha porta con raios láser pola que deben atravesar a modo, se non queren que se activen uns zoadores. A segunda é un acertixo cunha combinación que deben descubrir respecto a deidades solares das diferentes relixións que hai no mundo. Superar esta proba dá paso a unha árbore de Nadal feita con contadores da luz reciclados.

A enquisa indaga sobre os hábitos de uso do teléfono móbil e outras tecnoloxías dixitais e os resultados publicaranse na segunda avaliación. Os agasallos, que se custodian nunha árbore de Nadal na administración do centro, entregaraos un Equipo Apalpador o día de entrega das notas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt