El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Aprobada a bonificación do cincuenta por cento do imposto de construcións

A medida contoucos votos favorables do PP, do PSOE e do BNG melidenses

A. PRADA   | 08.12.2017 
A- A+

Melide. O pleno ordinario de Melide aprobou por unanimidade dos tres partidos políticos con representación no Concello a bonificación do 50% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras para as 23 vivendas protexidas locais, segundo a ordenanza que se aprobou a instancia do goberno local. A alcaldesa, Dalia García, asegurou que a obra "xa está adxudicada e redundará nunha mellora nesta edificación".

Por outro lado, os populares presentaban no pleno unha moción instando á Deputación da Coruña a que teña en conta as súas demandas incluíndoas na folla de ruta da institución. A moción contou cos votos favorables do PP e a abstención de PSOE e BNG.

O polígono da Madanela tamén tiña protagonismo no pleno por unha das mocións que presentaron os socialistas en canto ó seu límite de capacidade. Tamén se trataba o asunto da homenaxe ao expárroco de Melide, o falecido Antonio García Mourelle, cunha rúa na vila. Unha iniciativa que xa propuxera o Partido Popular no ano 2008.

María Jesús López

VOCEIRA DO GOBERNO DE MELIDE

"Pedimos un trato igualitario da Deputación con todos os concellos"