El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Área costeira celebra un intenso Día das Letras

A Festiletras arrincará hoxe no Couto con catro novos Bos e Xenerosos // Unha ruta teatralizada visitará no casco histórico noiés as referencias literarias da vila // Ribeira adica a xornada aos máis pequenos con diversos actos

Manolo Barreiro, Juan López, José Pérez e Ana Blanco, onte, en Noia, diante do busto de Avilés de Taramancos - FOTO: M.G.
Manolo Barreiro, Juan López, José Pérez e Ana Blanco, onte, en Noia, diante do busto de Avilés de Taramancos - FOTO: M.G.

J. M. R./M.G./S.S.  | 16.05.2018 
A- A+

Os municipios costeiros de Área festexan un intenso Día das Letras Galegas con diversos actos que inclúen desde roteiros culturais polo casco histórico de Noia ata a Festiletras de Ponteceso ou un concurso de debuxo en Ribeira.

Na pequena aldea do Couto (Ponteceso) comeza hoxe, ás 20.30 horas, a Festiletras 2018 co son de campás, foguetes, gaitas e a voz de Clara Amado. Será a antesala da entrega dos premios Bos e Xenerosos, que este ano recaeron en Marilar Aleixandre, Xaquín Marín, Quico Cadaval e Sés. As actividades lúdicas e culturais encherán de vida O Couto ata o domingo, día 20. Mañá, na sede da Fundación Eduardo Pondal haberá, entre outras actividades, un workshop, un xeocaching tecnolóxico, maxia con David Ballesteros e o Mago Antón, música con Fetén Fetén e unha sesión de ciencia para insomnes na praia de Valarés na que se convidará aos asistentes a observar as estrelas co físico baiés Jorge Mira.

Pola súa banda, en Muxía os alumnos do CEIP Os Muíños participarán hoxe no obradoiro O mar de Maruxa Mallo, con Viki Rivadulla. Na Laracha, a biblioteca acollerá hoxe, ás 18.00 horas, a sesión de contacontos María e os ollos alabarados, de Xarope Tulú.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt