El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Arzúa activa o programa de viaxes Coñece o teu país

A primeira excursión está prevista para o 30 de xuño a San Andrés de Teixido

ARCA   | 13.06.2018 
A- A+

O departamento de Cultura de Arzúa activa de novo o programa de excursións Coñece o teu país para este verán. A boa acollida que tiveron as viaxes programadas dende a concellaría nas pasadas edicións animou aos responsables a darlle continuidade con novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro.

Así, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poderán realizar catro novas excursións ás catro provincias galegas. A primeira delas será o sábado, día 30 de xuño, á localidade coruñesa de San Andrés de Teixido e a Cedeira. Nela os participantes poderán coñecer máis de preto este famoso santuario e a vila con recunchos turísticos como o Castelo da Concepción ou algunha praia do lugar.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt