El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

As bibliotecas públicas do Barbanza están xa en rede e acceden ó catálogo único

Os usuarios poderán facer xestións en liña, como solicitar o carné ou realizar as reservas

S.S. RIBEIRA  | 04.01.2018 
A- A+

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acaba de implantar o sistema de xestión bibliotecaria integrada nas bibliotecas públicas de Boiro, Rianxo e Ribeira. Durante o mes de xaneiro incorporarase tamén a de A Pobra.

En total son preto de 90 as bibliotecas municipais que xa dispoñen deste novo sistema integrado de xestión bibliotecaria, un software libre de código aberto que abre as portas da integración de todas as bibliotecas públicas de Galicia nun contorno unificado, tanto para o traballo dos técnicos das bibliotecas como para a consulta dos catálogos das bibliotecas de Galicia para calquera usuario.

O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral ao crearse un catálogo único, accesible a través da web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal. Pero, ademais, os usuarios terán un carné único de bibliotecas que dá acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas. Así mesmo, con este sistema tamén se logra homoxeneizar e simplificar a catalogación das coleccións e, en definitiva, camíñase cara ao funcionamento común dos centros integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como cara á mellora do servizo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt