El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

As entradas para ver a Sergio Pazos xa están a venda

M. G.   | 07.10.2017 
A- A+

PORTO DO SON O departamento de Cultura do Concello sonense puxo onte á venda as entradas para o monólogo Rebento se non o conto que Sergio Pazos ofrecerá o sábado 14 (20.00 horas) na casa de cultura. As entradas para gozar do monólogo teñen un prezo de 5 euros e pódense adquirir na casa de cultura (de 08.00 a 15.00 horas) e no bar Loreto (praza de España).