El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A asociación veciñal de Lestedo pídelle ao Concello que arranxe rúas e varios servizos

Queren unha reunión cos representantes municipais para abordar as principais necesidades da parroquia

Fachada da igrexa parroquial de Santa María de Lestedo - FOTO: Xunta
Fachada da igrexa parroquial de Santa María de Lestedo - FOTO: Xunta

A.PRADA. BOQUEIXÓN  | 07.12.2017 
A- A+

A asociación de veciños de Lestedo acaba de presentar un escrito no Concello de Boqueixón para solicitar unha reunión cos representantes do concello. Segundo indican dende a asociación queren "abordar unha serie de melloras e proxectos que demandan os seus asociados" e que aseguran "precisan ser tidos en consideración nos próximos presupostos".

Entre as necesidades máis urxentes que pretenden transmitirlle ao concello atópase o asfaltado e aglomerado da ponte do tren, na aldea de Lestedo; das rúas Tucho Quinteiro e Hixínio Ansemil, na aldea Milleirós, na travesía Rubial e na rúa cemiterio Vello de Rubial. Tamén explican que a igrexa de Lestedo precisa dunha iluminación acordo co que representa pois "esta parroquia fixo unha destacada inversión nos últimos anos na conservación e mellora desta área e por iso deberá facerse un proxecto de iluminación de atrios e cemiterios".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt