El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

ORDES

Atribúen un 50% de posibilidadesde facer o parque eólico de Ardemil

M.M.O.   | 17.04.2018 
A- A+

Arredor dun cento de veciños de Ordes participaron onte domingo na reunión informativa organizada pola agrupación socialista de Ordes sobre o proxecto de parque eólico que Green Capital Power quere poñer en marcha na parroquia de Ardemil. Un proxecto que, a pesar de que conta co rexeitamento frontal de todos os grupos municipais, "conta cunhas posibilidades de materialización do 50%", segundo explicou José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso.

Así, na sala de reunións da nave do gando do Mesón do Vento, o voceiro municipal socialista, Alejandro Manteiga, explicou que "polo que coñecemos, será un proxecto cunha xeración mínima de postos de traballo que, se finalmente vai adiante, será tramitado por vía de urxencia xa que ten que estar listo antes de finais de 2019". Pola súa banda, José Antonio Diéguez, explicoulles aos veciños e veciñas en que ía consistir o proxecto, que inclúe a instalación de 15 aeroxeneradores de 3,5 megavatios, cunha altura duns 163 metros e unhas pas dun diámetro de 130 metros. Ademais, indicoulles que a empresa aínda non ten decidido se acometerá o proxecto de Ardemil ou outro dos que dispón pero que, en todo caso, a tramitación do mesmo será moi rápida xa que ten que estar construído antes do 31 de decembro do ano 2019.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt