El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Aula da Natureza de Lousame aposta por recobrar soutos

A asociación creou o campamento educativo Seteportas Altair para plantar castiñeiros

Algúns dos rapaces participantes no campamento nunha das actividades. - FOTO: S. C. C. S.
Algúns dos rapaces participantes no campamento nunha das actividades. - FOTO: S. C. C. S.

RUBÉN G. BRIONES LOUSAME  | 16.04.2017 
A- A+

A Aula da Natureza de Lousame, que promove a asociación sen ánimo de lucro Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, acolleu as mozas e mozos do campamento do proxecto educativo Seteportas Altair para plantar un souto de castiñeiros no monte veciñal de Froxán.
Aproveitando o campamento, asentado entre os días 8 e 11 de abril no local social de Cabanetán, as trasnas Toxo, Cachopo e Carroucha convidaron á rapazada a implicarse na posta en valor e recuperación da biodiversidade e paisaxe do seu monte, axudando a recuperar unha zona degradada pola presenza de acacias.
As nenas e nenos plantaron cadanseu castiñeiro, seguindo os consellos de trasnas, monitoras e comuneiras, formando no seu conxunto o Souto das Seteportas, que se comprometeron a visitar e coidar en anos vindeiros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt