El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Aumentan as consultas no CIM da Estrada ata chegar a 533 no ano 2016

Esta cifra representa un incremento de case sesenta con respecto ás rexistradas en 2015

M.T. A ESTRADA   | 13.08.2017 
A- A+

A Estrada. O Centro de Información á Muller da Estrada (CIM) vén de facer público o balance de consultas levadas a cabo no ano 2016 e, como indican os datos, a atención vai en aumento. A directora do centro estradense fai fincapé en que “isto quere dicir que existe esa conciencia de que as mulleres teñen un centro específico ao que poder acudir”. En concreto, as estatísticas indican que o ano pasado no CIM do municipio rexistráronse un total de 533 consultas. Unha cifra que se incrementou con respecto aos dous períodos anteriores, pois en 2014 contabilizáronse 353 e, en 2015, foron 474.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt