El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

COSTA DA MORTE

O BNG ceense demanda melloras nas marquesiñas

J. M.   | 14.03.2018 
A- A+

O concelleiro do BNG de Cee, Serxio Domínguez, dirixiu un escrito ao alcalde pedíndolle que se proceda ao mantemento das marquesiñas, "limpándoas axeitadamente e liberándoas de terra e maleza". Pide tamén que se coloque unha pechada por diante ou que se reubique a existente no lugar de Porcar, e que se repoñan os asentos daquelas que están en mal estado.