El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O BNG de Teo censura o retraso do bipartito en aprobar os orzamentos

Acusa ao goberno de Anova e PSOE de deixar de atender as necesidades básicas

C. G.   | 13.06.2018 
A- A+

Teo. O BNG de Teo censura o retraso que está a sufrir a aprobación do orzamento de 2018 e acusa ao goberno bipartito, formado por Son de Teo-Anova e o PSOE, de que, coa súa pasividade, está "deixando sen atender as necesidades fundamentais, como por exemplo as actuacións en servizos básicos como o saneamento e o abastecemento de auga e a seguridade viaria".

Según explican os nacionalistas, o 4 de abril na sesión plenaria do Concello o portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, preguntáballe ao alcalde polos orzamentos para 2018, e a resposta foi que "practicamente están redactados dende fai máis dun mes" e engadiu que estaban "á espera dun informe de Intervención que lles dixeron que lle darían esta semana" e que, polo tanto, comprometíanse a que foran ao pleno de abril.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt