El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

TEO

Os Bolechas van pasar a tarde de mañá en Pontevea

Haberá canoas para os rapaces, menús infantís, música e os produtos máis típicos

M. M.   | 16.05.2018 
A- A+

Os empresarios de Pontevea (Teo) preparan para mañá, Día das Letras Galegas, unha gran festa na que participarán Os Bolechas. Os seis irmáns e o inseparable Chispa estarán na vila teense entre as 16.00 e as 18.00 horas para saudar a todos os que se acheguen a gozar desta celebración, que se estenderá ao longo de todo o día, xa que o programa de actos empeza ás 09.30 horas cunha ruta de sendeirismo.

Entre as 12.00 e as 14.00 horas haberá pasarrúas con música tradicional galega e ás 17.00 horas comezará o Festival Infantil da Ponte Vella. Ademais, durante todo o día haberá actividades infantís, canoas gratuítas e unha mostra con trinta casas exportadoras de produtos galegos. A organización facilitará o aparcamento de vehículos con catro áreas sinalizadas na propia localidade para que ninguén quede sen gozar desta gran festa, aportan dende a organización a este diario.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt