El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Boqueixón colabora en 'Mergúllate', dirixido a mulleres discapacitadas

A.P.   | 11.07.2018 
A- A+

Un total de nove mulleres con discapacidade do Concello de Boqueixón están a participar no programa Mergúllate. Unha iniciativa coa que colaboran o departamento de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller (CIM) e que está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo, e organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar).

Todos os luns destes meses de verán, o centro sociocultural de Lestedo acolle varias sesións impartidas por especialistas de Acadar e que ofrecen "ás participantes un servizo de atención especializada e específica", explicaron os propios membros.

Durante estas sesións grupais abórdanse temas como o incremento da autoestima, promoción da saúde, mellora das habilidades sociais e intelixencia emocional e prevención e detección de situacións de violencia, entre outros. O programa leva un mes en marcha e rematará a finais de agosto. O balance que fan dende Acadar é positivo pois din que "son mulleres participativas, activas e involucradas".