El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Boqueixón seguirá abastecendo de auga á parroquia cruceña de Gres

Os alcaldes dos dous municipios asinaron a ampliación do convenio de colaboración por un período de 5 anos

O alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, á esquerda, e o de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, durante a sinatura de ampliación do convenio  - FOTO: N.C.
O alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, á esquerda, e o de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, durante a sinatura de ampliación do convenio - FOTO: N.C.

BOQUEIXÓN. N.C.  | 12.06.2018 
A- A+

Os alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e de Vila de Cruces, Jesús Otero, veñen de asinar a ampliación dun convenio de colaboración. Este acordo servirá para continuar proporcionando a agua para o servizo de abastecemento da parroquia cruceña de Gres, que se atopa na fronteira entre ambos os dous municipios, sendo colindante coa boqueixanesa de Ledesma.

“Con este acordo de colaboración seguimos a estreitar vínculos entre o noso municipio e o veciño de Cruces. Coma no caso de Ledesma, queremos tender pontes para mellor a calidade de vida da nosa veciñanza”, indicou Manuel Fernández Munín.

O convenio de colaboración establece que o Concello de Boqueixón, que xestiona de forma directa o abastecemento da estación de tratamento no lugar de Orto, proporcionará a auga potable a este núcleo poboacional. O Concello de Boqueixón encargarase de realizar as facturacións correspondentes ó trimestre vencido, unha vez efectuado o abastecemento de auga potable.

A renovación deste convenio de colaboración estará vixente por un período de 5 anos e proporcionará servizo de auga potable máis de 150 habitantes. O acordo poderase prorrogar po acordo expreso de ambas partes.