El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Bota a andar a Aula da Natureza de Lousame cos nenos como protagonistas

Unha prantación de especies autóctonas e actuacións teatrais centraron os actos

M. G.  | 28.03.2017 
A- A+

Lousame. Un novo proxecto educativo acaba de nacer en Lousame: a Aula da Natureza. Trátase dunha iniciativa da asociación sen ánimo de lucro Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins que, en colaboración coas comunidades de montes veciñais en man común e centros educativos, procura pór en valor a biodiversidade e paisaxe do municipio traballando as prácticas de conservación e xestión da natureza coas futuras comuneiras, as nenas e nenos.
Na estrea da Aula da Natureza foron protagonistas medio cento de nenas e nenos de entre 2 e 9 anos que, acompañados das súas familias, plantaron no monte de Froxán outras tantas árbores autóctonas: teixos, cerdeiras, sobreiras, érvedos, acivro, sabugueiros, nogueiras, carballos... e faias. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt