El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Buscan que a ruta Miñoto-Ribeiro obteña o recoñecemento de Xacobeo

A asociación mantivo un encontro este mes coa directora xeral de Patrimonio

M.T.  | 16.04.2016 
A- A+

Vedra. A directiva da Asociación Camiño Miñoto Ribeiro reuniuse este mes coa directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez Insua, na que trataron a posibilidade de que este camiño obteña a distinción de Xacobeo.
Na xuntanza estivo Víctor González, rexedor en funcións do Concello de Cortegada, en representación do presidente da asociación; Carlos Martínez, alcalde de Vedra e vicepresidente; Juan Carlos González, rexedor de Pontevedra e tesoureiro; Rodrigo Aparicio, alcalde do municipio de Arnoia e secretario da asociación Camiño Miñoto-Ribeiro. Segundo indicaron na reunión este camiño que de Portugal entraba en Galicia pola zona do Ribeiro e atravesaba ata trece municipios remata en Santiago.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt