El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O Carballo Interplay estreará este ano xornada profesional

O festival de contidos dixitais celebrarase do 4 ao 7 de abril // O prazo para participar continúa aberto ata este domingo

Acto de clausura da pasada edición do festival Carballo Interplay coa presencia de todos os premiados.  - FOTO: CIP
Acto de clausura da pasada edición do festival Carballo Interplay coa presencia de todos os premiados. - FOTO: CIP

MANUEL BOO  | 14.02.2018 
A- A+

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay estrea xornada profesional na súa quinta edición, que celebrará os próximos días 4, 5, 6 e 7 de abril. Evento pioneiro dende o seu nacemento no 2014 como primeiro festival de webseries do Estado, mantén unha evolución constante, sempre atento ás novas linguaxes e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual na rede. Este certame audiovisual único integrará este ano unha serie de actividades e espazos pensados para conectar a creadores coas principais plataformas, produtoras e medios de comunicación que están apostando polos contidos dixitais sempre de creación propia.

Xa confirmaron a súa presenza no Día PRO do Interplay –o xoves 5 de abril– marcas tan significativas como Flooxer (Atresmedia), MTMAD (Mediaset), PLAYZ (RTVE Digital), CRTVG ou Playground, entre outras. Tamén virán a Carballo representantes das principais asociacións do sector en Galicia e directores e programadores de festivais de series dixitais estatais e internacionais, co obxectivo de definir unha terminoloxía común para este tipo de producións.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt