El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Carballo promove unhas xornadas sobre software libre dirixidas aos mozos

J.M.R.  | 13.09.2017 
A- A+

Carballo. A Concellaría de Xuventude de Carballo organizará unhas xornadas de software libre e ferramentas OpenSource para mozos e mozas de 15 a 30 anos. Celebraranse do 22 ao 29 de setembro, e constarán de seis talleres independentes.

As temáticas serán a impresión 3D e a creación artística; imaxe dixital e redes sociais; dixitalización empresarial; ferramentas Cloud e IoT e comercio online.

O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o día 20, e as sesións celebraranse de 17.00 a 20.00 horas no Fórum Carballo.

As inscricións poden realizarse na web www.carballo.gal, no Museo de Bergantiños (rúa Martín Herrera, 8) ou chamando ao teléfono 981 709012.
O Fórum acollerá tamén a partir desde mes catro accións formativas para desempregados e un obradoiro de emprego. O primeiro será un curso AFD de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas en baixa tensión. Os interesados deben inscribirse na oficina de emprego, sita na planta baixa do Fórum, e o prazo está aberto ata mañá xoves, día 14. Hai quince prazas dispoñibles.