El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Comarca de Santiago ~ Arzúa

A cerimonia do Lume Sagrado envolveu onte de mitoloxía o monte do Pico Sacro

Non se quixeron perder esta cita o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro

M.T.   | 19.06.2017 
A- A+

BOQUEIXÓN O Pico Sacro viviu onte unha xornada chea de tradición e historia converténdose no escenario da cerimonia do Lume Sagrado. Unha cerimonia celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, de forma simbólica, coa que se recupera unha tradición dos antepasados na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado pero neste caso por medios naturais, "é dicir directamente do sol nun enclave único como é o monte sagrado de Galicia", explican fontes do Concello de Boqueixón. Non se quixeron perder esta cita o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Ambos participaron na cerimonia que arrincou onte ás catro da tarde. 


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt