El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

BOQUEIXÓN

Charla sobre arehabilitación de vivendas en Boqueixón

A.P.   | 16.04.2018 
A- A+

Arredor de trintra veciños e veciñas dos concellos de Boqueixón e Vedra acudiron a unha charla no local social de Lestedo sobre o plan Vivendas do Camiño. Programa de rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago, promovida pola Xunta.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, animou aos veciños a solicitar estas axudas que se dirixen "aos residentes nas parroquias de Lestedo e Sergude, polas que transcorre a Vía da Prata". Unha técnico da Xunta foi a encargada de explicar os pormenores sobre o proceso de solicitude e a documentación precisas para obter estas axudas. A contía máxima que poderá aportar a Administración Autonómica é de 15.000 euros por vivenda. Pódese obter máis información na Oficina de Rehabilitación de ARI dos Camiños de Santiago.