El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

CEE

A CIG di que o hospital de Cee terá menos camas no verán

J. M. R.   | 17.05.2018 
A- A+

A CIG Saúde denuncia que o hospital Virxe da Xunqueira, de Cee, "será vítima da política de peche de camas" este verán, e rexeita a medida porque entender que "supón un pao máis no proceso de desmantelamento progresivo que, aos poucos, está aplicando a Xerencia da Coruña ao hospital comarcal".

Lembran que "as persoas enfermas non van de vacacións" e denuncian "a opacidade coa que se pretende levar adiante este peche de camas, sen informar do mesmo á representación dos traballadores e traballadoras". Desde a CIG aseguran que coñeceron esta información "a través do persoal de enfermaría onde xa están dicíndolle nos servizos que só estarán operativas 24 camas das 36 que hai na área de hospitalización B (medicina interna, á espera do que pase na outra área".