El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O Coliseo Noela de Noia acollerá este mes tres espectáculos teatrais

Debido ó seu éxito, o día 28 reporase a obra 'Pareja abierta', da compañía local Mutis,

S.S.   | 12.10.2017 
A- A+

Noia. A concellería de Cultura de Noia presentou os espectáculos teatrais que se van levar a cabo este mes no Coliseo Noela. Este sábado, día 14, terá lugar ás 20.30 horas a representación da obra D.E.P. (Descanse en paz), a cargo de Malasombra Producións.

Trátase dunha comedia dirixida a un público maior de 16 anos. O prezo das entradas é de cinco euros (catro euros para colectivos de estudantes e xubilados).

O luns, día 16, celebrarase unha actividade de dinamización da lectura en galego para os rapaces na biblioteca municipal ás 18.00 horas. Nesta ocasión, a compañía Elefante Elegante traerá o espectáculo infantil titulado O xigante, dirixido aos rapaces de tres a oito anos de idade. Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito da Rede de Dinamización Lingüística. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt