El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Comeza en Ordes 'De bo Dente' con tapas en 13 locais

O coulant de polvo ou o mousse de salmón serán algúns dos petiscos

ALBA PRADA  | 12.07.2018 
A- A+

Hoxe dará comezo en Ordes, ás 19.30 horas, a cuarta edición do concurso de tapas De bo Dente. En total teñen confirmada a súa participación un total de 13 establecementos que elabararán unha tapa co obxectivo de conseguir que sexa a mellor valorada polo público ou polo xurado.

Para poder votar, e optar aos premios, os participantes deberán facer un consumo mínimo de cinco establecementos. Os regalos que se poden gañar son unha viaxe de 400 euros ou unha estancia por valor de 200 euros, cortesía de Estrella Galicia, e vales de Sportec, Doblanc e de Alfombra Roja por valor de 25 € cada un. Estrella Galicia tamén propón outro premio moi orixinal: o peso do gañador en cervexa e unha cena para dúas persoas. Repartiranse tamén dous vales outorgados por Peteiro decoración e Sportec por valor de 25 € cada un e haberá unha cesta da froitería Eurofrut.

No caso dos premios aos que poderán optar os establecementos, distínguense dous: o premio do xurado, que consistirá nun cheque de 200 euros, e o do público, dotado con 160.

Os petiscos vanse ofrecer hoxe pola tarde, de 19.30 a 23.30 horas, mañá e o sábado (de 13.00 a 15.00 e de 19.30 a 23.30 horas). A idea é que o público participante plasme nos boletos que se entregarán en cada bar ou restaurante un único voto por tapa consumida, para posteriormente depositalo nas urnas que se colocarán nos establecementos.

Vela enfeitizada, Mousse de salmón con queixo peregrino Casa Grande de Xanceda, Xarrete de tenreira galega estufado, Champiñón da Barrica, Costela Islia ou Coulant de polbo son algúns dos bocados que se poderán degustar nos locais. A idea do Concello é incentivar a cultura das tapas e dinamizar a hostelería ordense.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt