El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Deputación destina a Área o 55% dun POS+ de 67 millóns

A Administración coruñesa consigna 37.364.325 euros para a comarca // Un 64 e un 27 por cento dese total serán, respectivamente, para facer obras e para o gasto corrente // Os 47 concellos só reservan 2.316.378 euros para débeda

Parque da Praza de Chavián de Bertamiráns, Ames, que cubrirán grazas ao POS+ da Deputación - FOTO: C.A.
Parque da Praza de Chavián de Bertamiráns, Ames, que cubrirán grazas ao POS+ da Deputación - FOTO: C.A.

MARCOS MANTEIGA   | 17.05.2018 
A- A+

O pleno da Deputación da Coruña respaldou unanimemente as inversións incluidas no Plan Único (POS+ 2018), que este ano elévase a 67.666.441 euros, máis 12 millóns a maiores aprobados a través dun expediente modificativo de créditos ratificado onte na mesma sesión. E, dese total, 37.364.325 euros (o 55%) vaise repartir entre os 47 concellos coruñeses de Área, máis outros 900.000 euros que aportan as propias administracións locais.

Por bisbarras, lévase a palma a de Santiago, que recibirá 17.289.962 euros. Ames está á cabeza, con 1,6 millóns, que adicará a gasto corrente (140.000 €) e a investimentos, mentras que Dodro contará con 357.998 euros (deles, 110.696 para reducir débeda e outros 124.828 para gasto corrente). En Barbanza figuran 8.738.518 euros, destacando Ribeira, que se leva 1.438.895 euros -deles, 133.387 para reducir débeda- e pecha a lista Muros, con 535.704 euros, integramente para investir. Para Costa da Morte e Bergantiños aprobáronse 11.335.845 euros, dos cales Carballo vai empregar 2.082.701 euros para gasto corrente e investimentos, frente aos 423.121 euros que Fisterra adicará a sufragar débeda, gasto corrente, pago a provedores e tamén ós investimentos.

Coa aprobación das partidas de 2018, o Plan Único suma 166 millóns destinados ós concellos coruñeses nos dous anos que leva en funcionamento (2017-2018). Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, calificaba de "histórico" o investimento, incidindo en que se trata do maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribúe entre os 93 municipios coruñeses, baseándose en criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao orzamento anual da Deputación. Un 64% do total dos fondos aprobados (43,3 millóns de euros) destinaranse a financiar a execución de 402 obras que contribuirán a renovar as infraestruturas dos concellos coruñeses. Parques infantís, obras de saneamento e abastecemento de auga, construción de beirarrúas, melloras no alumeado público ou construción e reforma de equipamentos sociais, deportivos e culturais son algunhas das obras que os concellos da provincia executarán durante este ano.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt