El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Desbroces en Ordes para prever o lume en Ardemil

M.M.  | 14.09.2017 
A- A+

ORDES O Museo do Traxe de Ordes foi marco da segunda xuntanza para a posta en marcha do convenio de prevención e defensa contra incendios. Ademais do persoal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia á cita acudiron a case totalidade dos municipios integrantes do terceiro distrito forestal. A orde do día incluíu distintos aspectos relacionados cos desbroces, motobombas e brigadas. Cada un dos asistentes tivo ocasión de poñer en común a evolución dos seus traballos e situación particulares, así como plantexar dúbidas e aportar suxestións. No caso de Ordes a súa adhesión a dito convenio céntrase nos traballos de desbroce realizados na área da concentración parcelaria de Ardemil, os cales están completados ao 100%