El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Entregan os galardóns da primera edición do concurso Youtubeir@s

Os premios principais recibiron un trofeo e mil euros e, as catro mencións, 500 euros

M.T.  | 28.05.2017 
A- A+

Ames. O Teatro Principal de Ourense acolleu o pasado venres, 26 de maio, a entrega de premios da primeira edición do concurso de vídeos na rede Youtubeir@s. Trátase dunha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo e O Grove, ademáis das Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, que remata cunha ampla e variada participación.
O teatro de Ourense congregou a máis de 200 persoas entre concursantes e representantes institucionais. A deliberación do xurado resultou complicada. En total había máis de 200 vídeos. Finalmente, as pezas gañadoras foron na categoría Vídeo-facermos Guiso especial Anti-San Valentín realizado polas youtubeiras de Corasón de Churrasco, e na categoría Vídeo-opinarmos o premio foi para Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca presentado polas youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño. 

Articulo completo en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt