El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

NOIA

A escultora Soledad Penalta expón a súa obra en Cambados

A artista noiesa inaugurou unha mostra no Pazo Torrado // Está formada por 19 pezas

Soledad Penalta diríxese ao público no acto de inauguración da mostra.  - FOTO: ECG
Soledad Penalta diríxese ao público no acto de inauguración da mostra. - FOTO: ECG

MANUEL GIL   | 17.04.2018 
A- A+

A escultora, nada na vila de Noia, Soledad Penalta, inaugurou a pasado fin de semana, no Pazo Torrado de Cambados, a exposición que leva por título Cal é a carga precisa da pregunta? A mostra está formada por 19 pezas de diferentes formatos e todas elas en ferro e aceiro inoxidable.

A mostra escultórica poderase visitar nese espazo ata o vindeiro 3 de xuño. No acto de inauguración interviñeron o comisario da exposición, José Luís Rey Barreiro; o director da sala, José Vaamonde, e o profesor Víctor Caamaño Rivas, ademáis da propia artista.

O acto contou coa presenza de numeroso público, entre os que se atopaban artistas locais como Manolo Paz e Francisco Pazos, Rivero de Aguilar, José Manuel Méndez, Camilo Seira e José Blanco Abeijón (do Liceo de Noia).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt