El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A ESTRADA

A Estrada adxudica obras de asfaltado de camiños

ARCA   | 13.03.2018 
A- A+

A xunta de goberno da Estrada adxudicou onte o contrato de obra Pavimentación en Rubín, Berres, Santa Cristina de Vea, San Xurxo de Vea e Parada' á firma Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) por un importe de 155.111, 99 euros co IVE incluído, o que supón ao redor de 85.000 euros menos que o presuposto de licitación. Presentáronse ao proceso seis empresas.

O importe base da licitación era de 239.999,99 euros con IVE incluído e o período de execución marcado é de dous meses. As actuacións consistirán na limpeza de foxos, varrido superficial de firmes existentes e instalación de novas capas de rodadura. Ademais, realizarase un bacheo previo en todas aquelas vías que o precisen, dí o Concello.