Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Estrada recoñece aos seus fillos e amigos máis sobresaíntes

A Irmandade entregou a insignia de ouro e diplomas de honra a Valentín García, Luis Manuel Ferro, José Ángel Gestoso, Manuel Martín, José Manuel Vázquez e Miguel Villar // Máis de 170 persoas, na cea de confraternidade

Os bos e xenerosos, aqueles que ensalzaron o nome da Estrada dende as máis diversas disciplinas tiveron onte un novo recoñecemento. Xa van 32 anos e algo máis de 160 nomes egrexios aos que a Irmandade de Fillos e Amigos de A Estrada premiou coa súa insignia de ouro e o seu diploma de honra. A alameda foi onte o escenario donde principiaron os actos de confraternidade, e donde a entidade socio-cultural presidida polo incombustible doutor Alfonso Varela, lembraba aos irmáns Valladares cunha ofrenda ante o seu monolito.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Luis Manuel Ferro, gardacivil e diplomado en Heráldica Militar; José Ángel Gestoso, xerente de Obericar Gestoso e presidente do CD Estradense; Manuel Martín, avogado e profesor da USC; José Manuel Vázquez, gardacivil de 1ª en reserva e director de Cáritas da Estrada, e Miguel Villar, director xerente de Ausama e presidente da Fundación Amigos de Galicia, eran onte eses homes bos e xenerosos homenaxeados pola Irmande, por levar o nome de A Estrada nas diversas facetas das súas vidas, ben sexa como estradenses de nacemento, ben como estradenses de adopción.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

18 jun 2016 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito