El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O exnotario lalinés Victorino Gutiérrez publica aos 79 anos a súa primeira novela

Leva por título "Acta de vítimas", e está ambientada no Lalín de 1946 // Nela, un honesto avogado ten que convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto cargo do réxime franquista // Editada por Laiovento, preséntase este venres en Santiago

Victorino Gutiérrez Aller
Victorino Gutiérrez Aller

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 17.02.2017 
A- A+

Victorino Gutiérrez Aller, notario xubilado, xurista de recoñecido prestixio e Fillo Predilecto de Lalín, vén de estrearse, a piques de cumprir os 80 anos, como novelista. Faino con "Acta de vítimas", un libro publicado por Laiovento, que este venres ás 19.45 horas se presenta na Libraría Couceiro de Santiago. Nel lévanos ó Lalín de 1946, para contarnos a historia dun honesto avogado que se ve na obriga de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto cargo do réxime franquista.

A acción da novela, que xira arredor dos abusos seudolegais amparados polo franquismo, concéntrase en 12 días e constitúe un extracto da vida cotiá en calquera vila da Galicia gris da posguerra. Gutiérrez Aller construiu a trama a partir de lembranzas persoais dunha época da que el mesmo foi testemuña. Nesta historia ten un oco un dos tíos do propio autor, o célebre astrónomo Ramón María Aller.