El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A feira medieval de Padrón recibiu a preto de 40.000 visitantes

A vila encheuse de postos de artesanía, oficios antigos e música // Pechou cun show de lume

Ao longo da fin de semana leváronse a cabo actividades cos máis cativos.  - FOTO: Sangiao
Ao longo da fin de semana leváronse a cabo actividades cos máis cativos. - FOTO: Sangiao

MAR TOLEDO PADRÓN  | 10.07.2017 
A- A+

A vila de Padrón vestiuse de época durante tres xornadas na que foi a súa décimo segunda feira medieval.Unha cita xa consolidada pola que pasaron preto de 40.000 persoas en toda a fin de semana, segundo datos facilitados pola oficina de turismo do municipio. Sen dúbida o tempo acompañou e as rúas ateigáronse de xente, moitos deles engalanados para a ocasión. Postos con produtos artesanais, exhibicións de cetrería, obradoiros de oficios antigos, música tradicional e xogos infantís encheron de ambiente as rúas e prazas de Padrón.
O mercado abriu as súas portas o venres á tarde, xornada na que houbo teatro con títeres, exhibición de cetrería e mesmo o espectáculo de acrobacia e lume. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt