El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

ZAS

A Festa da Carballeira de Baio convida a desfrutar das merendas e a música

J. M. R.   | 14.06.2018 
A- A+

A música, as merendas e os encontros interxeneracionais serás os ingredentes principais da Festa da Carballeira de Baio (Zas), que cumpre 38 anos. A cita e o domingo, 24 de xuño, e terá como marco os terreos da carballeira que mercou hai un ano o Concello.

A festa comezará cunha sesión vermú amenizada polos grupos de música tradicional da Asociación Cultural Adro e o dúo Noelia e Kiko. Pola tarde haberá unha foliada aberta a quen queira participar, e na que actuarán tamén os grupos de Adro e Os Campantes da Baña. Pechará a xornada a música dos dúos Charada e Noelia e Kiko, a partir das 20.30 horas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt