El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Festa das Palabras, un proxecto educativo na Estrada a prol da lingua

Organizado polos equipos de dinamización involucra a todos os centros de ensino // O día 23 celebra a V edición

Constenla e os responsables dos equipos de dinamización na roda de prensa no Concello - FOTO: Sangiao
Constenla e os responsables dos equipos de dinamización na roda de prensa no Concello - FOTO: Sangiao

SOL ELVIRA. A ESTRADA   | 16.05.2018 
A- A+

Responsables dos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino de A Estrada presentaron onte no Concello, xunto ao concelleiro de Cultura, Juan Constenla, a V Festa das Palabras, un proxecto que involucra dende hai cinco anos a toda a comunidade educativa da vila na defensa da lingua. A Festa das Palabras é o remate ao proxecto anual que levan a cabo todos os centros desde o curso 2013-2014 e durante o acto faise a entrega dos premios do concurso de micropoemas e microrrelatos.

A V Festa das Palabras de A Estrada terá lugar o mércores, 23 de maio, a partir das 20.30 horas no teatro Principal. O certame dá continuidade ao proxecto iniciado hai cinco anos e que convoca a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrrelatos. Nesta ocasión os microrrelatos debían conter a palabra Faiado, e os micropoemas a palabra Mar, según explicaron onte en rolda de prensa.

O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos equipos de dinamización lingüística de todos os centros do concelllo: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES Nº 1, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras da autora á que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt