El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Festa de norte a sur na Costa da Morte

Muxía viaxa no tempo polas Rutas do Mar // En Vimianzo, A Laracha e Cee a música é a gran protagonista // A Mostra da Olería pecha hoxe as súas portas en Buño

Un posto ambulante de ‘ajua do Coído’ percorrendo onte o XI Mercado das Rutas do Mar de Muxía  - FOTO: J. M.
Un posto ambulante de ‘ajua do Coído’ percorrendo onte o XI Mercado das Rutas do Mar de Muxía - FOTO: J. M.

J. M. RAMOS  | 13.08.2017 
A- A+

A Costa da Morte está a vivir unha das fins de semanas máis intensas do verán e do ano. A historia, a música, os sabores e a artesanía son os grandes protagonistas nas citas festivas que enchen de norte a sur estas comarcas atlánticas.

En Muxía desfrutan dende onte do XI Mercado das Rutas do Mar, unha proposta que invita a botarse á rúa para viaxar no tempo en lembranza de anos pasados. Ducias de postos de gastronomía e artesanía ateigan as principais rúas da vila da Barca, nas que a música non deixa de soar, e polas que pasean curiosos persoeiros, protagonistas de animadas pezas teatrais e contacontos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt