El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Fisterra Blues Experience trae os sons internacionais

Do 15 ao 17 de xuño conxugará na fin da terra a música, a natureza, o patrimonio e a gastronomía // Corey Harris encabeza o cartel, que xuntará a artistas galegos, de Europa e América // O festival inclúe un plan formativo pioneiro

O guitarrista Corey Harris encabeza o cartel.  - FOTO: ECG
O guitarrista Corey Harris encabeza o cartel. - FOTO: ECG

JOSÉ M. RAMOS   | 13.06.2018 
A- A+

A fin da terra acollerá esta fin de semana (do 15 ao 17) a segunda edición do Fisterra Blues Experience, un festival que conxugará a música coa natureza, o patrimonio e a gastronomía. Volve con intención de consolidarse no panorama galego, xuntando o blues de Galicia, Europa e América.

Unha das presenzas máis destacadas é a de Corey Harris, o guitarrista de Denver que está considerado como un dos bluesman máis influíntes da actualidade. Grazas á súa variedade de influencias, desde a raíz do blues ata a súa fusión con outros ritmos e sons, Harris labrouse unha sólida reputación como un dos músicos máis importantes de blues da actualidade, tanto entre os máis puristas como entre máis aperturistas.

Nesta segunda edición do Fisterra Blues Experience haberá máis bandas e unha maior presenza feminina, abríndose a novos estilos emparentados co blues, como o swing, o soul ou rhythm and blues (R&B). De aí a presenza de grupos galegos como The Lákazans, que veñen de presentar o seu terceiro disco Sandwina, Carla Green & The Demons e Os Bregadiers, unha banda de rúa que tira de recursos do swing e do soul.

Tamén estará ben representado o blues europeo, coa presenza de Chris Kramer, un harmonicista alemán que incorpora o beatbox a súa aposta. Completan o cartel Edu BigHands, que actuará a dúo co pianista Paul San Martín; Seydel Harp Attack; The Trashtoes, Wax & Boggie e a Fisterra House Band, a banda residente do festival.

Os concertos complementaranse con jam sessions por toda a vila, obradoiros para toda a familia, viaxes en barco con música blues en directo e unha mesa redonda arredor da historia do blues.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt