El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

SANTA COMBA

López-Barxas e Pintado guían en Xallas polos segredos dos parques de Santiago

García, pola esquerda, López-Barxas e Pintado.  - FOTO: Lema
García, pola esquerda, López-Barxas e Pintado. - FOTO: Lema

MARCOS MANTEIGA  | 12.01.2018 
A- A+

Francisco López-Barxas presentou onte na libreía Ler de Santa Comba o seu libro Nemo e Sabela polos parques de Compostela. E fíxoo a xeito dun contacontos mentras a ilustradora do volume, Isabel Pintado, retrataba as andanzas dos gatos que protagonizan a obra, novedosa e de gran formato, editada por Teofilo. Eses bocetos, do mesmo xeito, foron sorteados ao rematar o acto entre uns asistentes que incluiron ó presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entre outros. Segundo López-Barxas, a súa obra está dirixida a nenos e a adultos “coma un conto guía dos parques de Santiago, que agochan moitos segredos que se poden percibir nas áreas de xogo, pero tamén nas esculturas, como as dúas Marías da Alameda ou a de Granell no parque do auditorio”. Logra, asemade, “achegarme á historia destes personaxes famosos a través da ficción para amosar toda a riqueza e a memoria dos espazos composteláns”, insistindo “na riqueza e a memoria que atesouran todos estes espazos”.