El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O Lume Sagrado baixará do Pico Sacro ao casco vello compostelán

Boqueixón e a asociación Fervenza do Castro de Callobre ofrecerán o día 22 en Santiago unha recreación deste rito celta que dá a benvida ao solsticio de verán // O desfile partirá de Porta Faxeira e concluirá en Mazarelos

Pola esquerda, Gumersindo Pereiras, Manuel Fernández, Marta Lois e Montserrat Torres, onte.  - FOTO: ECG
Pola esquerda, Gumersindo Pereiras, Manuel Fernández, Marta Lois e Montserrat Torres, onte. - FOTO: ECG

SOL ELVIRA   | 14.06.2018 
A- A+

As tribus celtas chegadas dos concellos de Boqueixón e A Estrada tomarán o vindeiro día 22 as rúas do casco histórico compostelán e iluminarán a noite dese venres de xuño coa Ofrenda do Lume Sagrado. A cita, organizada polo Concello de Boqueixón en colaboración co de Santiago e coa Asociación da Fervenza do Castro de Callobre, de A Estrada, ofrecerá unha recreación desta tradición pagá coa que antigamente se daba a benvida ao solsticio de verán.

A actividade foi presentada onte polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; a concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, e dúas das personaxes que participarán nesta representación: a Raíña Alda e o Druída. Estes dous últimos son Gumersindo Pereiras e Montserrat Torres, respectivamente, membros da Asociación da Fervenza do Castro de Callobre.

Fernández Munín agradeceu "a colaboración, tanto do Concello de Santiago como da Asociación Fervenza do Castro de Callobre, na posta en escea desta recreación". O rexedor explicou como se desenvolverá esta actividade, encadrada dentro do programa Un mes e Pico. Ciclo da mitoloxía e da sacralidade do Pico Sacro, que oferta diversas propostas ata o 29 de xuño. Precisamente un dos actos centrais será esta Ofrenda do Lume Sagrado en Santiago.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt