El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os maiores de Melide tamén vivirán o seu propio Nadal

A.P. MELIDE  | 07.12.2017 
A- A+

O Concello de Melide, a través da súa concellería de Igualdade e Benestar, organiza para os maiores da comarca que son usuarios do centro social, unha serie de actividades nos días centrais das festas de Nadal. Así, o día 25 terán lugar a partir das 18.30 horas un baile e unha degustación de produtos típicos destas datas.

O día de aninovo, a partir das 18.00 horas, todos os maiores que se acheguen ata o centro social poderán gozar do primeiro brinde do ano e do baile que amenizará o coñecido artista Suso de Boente.

Tamén o día 6 de xaneiro haberá unha festa de Reis con baile, degustación de chocolates e roscón e sortearanse agasallos entre os asistentes. Dende o Concello de Melide explican que son días especiais e "moitos teñen que pasalos sen a compañía dos seus familiares e por iso esta é unha boa opción para que todos os usuarios do centro poidan compartir estas datas tan entrañables".