El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Melide promociona os seus produtos na Feira Manxares

Darase a coñecer nas cidades de Santiago, Lugo e A Coruña a través dunha 'food truck'

Ovidio Leiva e Dalia García durante a presentación da feira Manxares - FOTO: C. de Melide
Ovidio Leiva e Dalia García durante a presentación da feira Manxares - FOTO: C. de Melide

A. PRADA MELIDE   | 08.12.2017 
A- A+

Unha vez máis, o Concello de Melide organiza xunto co Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, do que a vila forma parte, a Feira Agroalimentaria de Galicia, Manxares. Este evento, que terá lugar os días 16 e 17 de decembro, ten como obxectivo principal ser un escaparate para a gastronomía da terra nas datas anteriores ao Nadal.

Deste xeito, todas as persoas que se acheguen ata a feira comprobarán de primeira man a riqueza dos produtos, tanto do mar como da terra, do noso territorio. A alcaldesa de Melide, Dalia García, e o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, Ovidio Leiva, foron os encargados de presentar o evento no salón de plenos do Concello. A rexedora melidense remarcaba "a calidade dos produtos que se poderán mercar".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt