Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Moure bota luz sobre 17 castelos que a historia ‘esqueceu’ na Área

Na Baña lembra a fortaleza de Gosende, e en Val do Dubra, nada menos que catro fortificacións das que non quedan restos // Touriñán tamén contou cunha nun illote, e o convento melidano do Sancti Spiritus construíuse cos restos doutra // Porto do Son tivo polo menos dúas torres

O historiador Xabier Moure volve a botar luz sobre o pasado de Galicia e da Área de Compostela, nun estudio no que fala dos douscentos castelos e torres perdidos no país (ten máis de 600 identificados). E deles, 17 emprázanse nalgún dos cincuenta municipios da comarca. No seu traballo, Moure omite as fortificacións que, por moi arruinadas que estean, aínda conservan algúns restos e tamén as que desaparecero, pero si que se sabe onde se atopaban, limitándose ás fortalezas e torres que só se coñecen pola documentación escrita, a tradición, a lenda ou polos materiais reaproveitados.

Comezando polas terras amaianas, en Ames existía o Castelo do Monte de San Marcos (Castelo), a 349 metros de altitude sobre o nivel do mar e catalogado como posible fortificación medieval por Rodríguez Resino (2008). Existen referencias tardías á reutilización do castro na véspera da batalla de Altamira-Augapesada no 1471.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

10 ene 2016 / 18:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito